jueves, 25 de abril de 2019

AS NOSAS PATACAS

      Este martes, como chovía non puidemos saír á horta así que tocounos experimentar coas plantas dentro de clase. 

     Vos lembrades daqueles anacos de patacas que metéramos nunha maceta con terra? Pois logo de moito regalas.... medraron un montón.


     Así de grande se puxo nestas semanas. E quixemos ver que atoparíamos baixo a terra. Quitamos a terra e... SORPRESA! había unha pataca pequerrecha!


     Puidemos ver o anaco de pataca que enterramos aquel día. De el saíu o talo e as raíces e unha pataca pequena. Logo de vela e tocala decidimos levar as plantas á horta e deixar que medren máis.

     E alí, na horta, nos esperaba outra sorpresa: temos fresas! e que boa pinta teñen.



     Transplantamos as plantas de pataca á horta e seguiremos coidándoas.


lunes, 8 de abril de 2019

COMO COIDAR O PLANETA


     Rita nos trouxo o conto "Dez cousas que podo facer para axudar ao meu mundo". Vimos canto podemos facer coidar o noso planeta: apagar as luces, pechar a billa, usar as papeleiras, aproveitar ben o papel, separar o lixo...





     Despois do conto, puxemos a tele e vimos un video onde nos ensinaban a aforrar auga.


 ENLACE



     Agora que aprendimos todo isto, tócanos poñelo en práctica e recordar aos profes e a papá e mamá o que hai que facer para coidar o planeta Terra.

jueves, 7 de marzo de 2019

SACHANDO NA TERRA

      E por fin a chuvia parou e poidemos saír á horta a traballar a terra. Que abandoada estaba a horta.





Así que collemos as ferramentas e nos puxemos mans á obra. Saímos en pequenos grupos, de cinco en cinco.






  

     Así de limpiña quedou a nosa horta. Xa a temos preparada para empezar a cultivar.

viernes, 1 de febrero de 2019

RITA E AS HORTALIZAS


       Caramba! Que cargada veu Rita cunha cesta chea de hortalizas: cenorias, patacas, leituga, berenxena, pementos, porro... Serán da súa horta? NON, mercounas nunha tenda e as trouxo para que vexamos cantas cousas podemos plantar na nosa horta e así ter de todo na escola.



       Primeiro contounos o conto: " Unha horta na casa" e logo deixounos tocar todo o que tiña nesa fantástica cesta chea de alimentos de cores.






       E coma de momento non podemos saír a nosa horta a plantar decidimos plantar na clase nunha maceta unha pataca a ver se medra.


       Botamos unha pouca de terra, un anaco de pataca, máis terra e.... AUGA!



jueves, 24 de enero de 2019

MISTERIO NA HORTA

      Hoxe Rita nos trouxo un conto: "Misterio na Horta" e unhas lupas. Para que?





      Despois de ver o conto, Rita explicounos que plantara unhas fabas nunha caixa de Cd e que xerminaran. Coa axuda das lupas puidemos observar as raíces e as follas da planta que medrou. Que interesante!




      E para que vexamos como medran deixounos unha caixa con tres fabas e un pulverizador para botarlle auga. A ver se medran!


      Así que agora toca esperar e tódolos días mirar como van. Xa vos contaremos.

martes, 15 de enero de 2019

A HORTA DE RITA


Por fin o tempo permitiunos saír a coñecer a horta de Rita. Nesta ocasión saímos todos xuntos á horta, pero nas seguintes sesións sairemos en pequenos grupos de 4 ou 5 nenos e nenas.





Unha vez na horta vimos que hai moito traballo por facer, así que puxémonos mans á obra e estivemos pasando o angazo para retirar todas as follas do pino que temos na horta.





martes, 18 de diciembre de 2018

NOVOS CALDEIROS PARA SEPARAR O LIXO



        Temos novos caldeiros para separar o lixo na escola! Hoxe Rita nos trouxo uns novos colectores de lixo: un para os restos orgánicos, outro para os envases e un para o papel e o cartón. 




       Na tapa de cada caldeiro están as personaxes que coñecimos na sesión anterior: Bandullín, Tico e Dona Papeleta que nos axudarán a separar o lixo.


       Para que nos quedara ben clariño que botar nos distintos caldeiros, Rita nos trouxo un conto de "Os bolechas": "QUE SE BOTA NO CONTEDOR AMARELO".